|
|
|
|
|
|
É un curso multimedia de galego de nivel intermedio dirixido a falantes de castelán.
Facilita unha aprendizaxe autónoma ó mesmo tempo que serve de axuda complementaria para o ensino de galego en diferentes programas de formación.
A pesar de que este curso está pensado para a autoaprendizaxe de galego, pode resultar proveitoso utilizalo para integra-los recursos que ofrecen as novas tecnoloxías nas clases presenciais e tuteladas de lingua
polas mesmas razóns caos cataláns, e aínda outras máis importantes, habida conta de que hai máis galegos fóra de Galiza que dentro dos seus límites administrativos, desde RedeGalega (servizo da Asociación Fillos de Galicia) reclamamos con urxencia un TLD, sendo os .GAL e os .GZ os que máis adhesións e posibilidades obxectivas teñen.
Blog - Taboleiro de anuncios sobre o ensino en lingua galega. Software e utilidades que faciliten o achegamento das novas tecnoloxías ao eido educativo.
Apelamos a todas as pessoas interessadas para discutir e definirmos as estratégias, mas, sobretudo, para levarmos a termo alguma iniciativa concreta neste âmbito, onde o galego seja em realidade língua veicular de ensino, relaçom e comunicaçom, garantindo deste jeito a sua transmissom efeitiva assim como o seu uso e pervivência futuros.
A suite Hot Potatoes é un conxunto de seis ferramentas de autor, creada polo equipo Research and Development at the University of Victoria Humanities Computing and Media Centre. Permítenche crear exercicios interactivos baseados en páxinas web de seis tipos básicos.
O propósito das actividades integradas nesta WebQuest - Educación Primaria, de iniciación é: Achegar ao alumnado ás novas tecnoloxías e mellorar a comprensión lectora do alumnado mediante o uso dos novos medios e desenvolver as súas competencias comunicativas, sobre todo na expresión escrita.
Traduce do galego para o español, e á inversa, e permite a tradución inmediata de páxinas web mentres se navega. OpenTrad, o primeiro sistema de tradución automática baseado na transferencia, de código aberto, para galego, catalán/valenciano, español e éuscara.
O Centro de Supercomputación de
Galicia -CESGA- está a levar adiante un proxecto de investigación que consiste en
desenvolver unha nova metodoloxía para a aprendizaxe da lingua de signos facendo uso
das Tecnoloxías da Comunicación e a Información -TIC-.
É o proxecto adicado á adaptación á lingua galega do sistema GNU/Linux e o software libre en xeral. Pretende se-lo punto de encontro onde se reúnan todos aqueles que traballan en calquera dos aspectos que abrangue esta adaptación. Isto inclúe a traducción dos programas (utilidades, interfaces de usuario e instalación das distribucións de GNU/Linux), a documentación sobre diferentes aspectos do sistema, e o diccionario para o corrector ortográfico.
O Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Universidade de Vigo adícase a investigación na area da lingüística computacional. Fundado por Xavier Gómez Guinovart ten como liñas de actuación a lingüística de corpus e computacional e a aplicación de ferramentas informáticas: recursos terminolóxicos en liña e programas de libre distribución.
As tecnoloxías da lingua (TL), xunto coa enxeñería lingüística, o procesamento da
linguaxe natural e boa parte das industrias da lingua, forman parte da orientación máis
aplicada da lingüística computacional. O seu obxectivo central é o desenvolvemento de
aplicacións informáticas de uso xeral para facilitar o uso da lingua, a súa tradución, o
seu estudo e a súa aprendizaxe.
Neste vocabulario atoparás os términos máis utilizados en informática na súa versión de castel’na, galego e inglés.
|
|
|
|