Toda cultura é básicamente pluricultural. É decir, foise formando, e séguese a formar, a partir dos contactos entre distintas comunidades de vidas que aportan os seus modos de pensar, sentir, actuar. Evidentemente os intercambios culturáis non van ter todos as mesmas características e efectos. Pero é a partir destes contactos cando se produce a mestizaxe cultural, a hibridación cultural...
Unha cultura non evoluciona se non é a través do contacto con outras culturas. Pero os contactos entre culturas poden ter características moi diversas Na actualidade apostase pola interculturalidade, que supón unha relación respetuosa entre culturas.
Mentras que o concepto "pluricultural" serve para caracterizar unha situación, a interculturalidade descrebe unha relación entre culturas. Ainda que, de feito, falar de relación intercultural é unha redundancia, tal vez necesaria, porque a interculturalidade implica, por definición, interacción. .
Non hay culturas mellores nen peores. Evidentemente cada cultura pode ter formas de pensar, sentir e facer nas que determinados grupos estén nunha situación de discriminación. Pero se aceptamos que non existe unha xerarquía entre as culturas estaremos postulando o principio ético que considera que toda-las culturas son igualmente dignas e merecedoras de respeito. Isto significa, tamén, que a única forma de comprender correctamente as culturas é interpretar as súas manifestacións dacordo cos seus propios criterios culturais. Ainda que isto non debe supor eliminar o noso xuício crítico, pero sí que supón inicialmente deixalo en suspenso, mentras non teñamos entendido a complexidade simbólica de moitas das prácticas culturáis. Tratase de intentar moderar un inevitable etnocentrismo que leva a interpretar as prácticas culturáis axenas a partir dos criterios da cultura do -a persoa- intérpretante.
Fragmentos do texto extraídos do artigo:
La comunicación intercultural de Miquel Rodrigo Alsina