Linguas Cruzadas, un interesante filme documental sobre a situación do galego entre a mocidade, xa se pode ver a través de internet. O filme foi emitido na Televisión de Galicia co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o pasado día 17 de maio.
Durante 50 minutos mostra testemuñas de mozos de diferentes localidades do país que falan sobre as súas experiencias persoais coa lingua. O uso do galego nas novas tecnoloxías, no ensino ou na ciencia son algúns dos moitos temas abordados.
Trátase dunha obra dirixida e guionizada por María Yañez e Mónica Ares. Xacobe Sineiro foi o realizador mentres que Control Z é a produtora.